Manuel Gago

----

Manuel Gago

1976 Palmeira, Ribeira
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Manuel Gago

1976- Palmeira, Ribeira
É director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación. É doutor en CC. da Comunicación e membro do Grupo de investigación de Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito profesional, desenvolve desde 1999 proxectos de comunicación interactiva, como o Mapa Sonoro de Galicia e outros produtos de difusión do Consello da Cultura Galega, e expositiva, como as exposicións Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura (2016), Alba de Gloria. Unha experiencia (2017), do Consello da Cultura Galega, ou Galicia, un relato no mundo (2019), no Museo Gaiás da Cidade da Cultura.

Publicacións nas que participou Manuel Gago

Portada de  Como levar unha vida honesta.
LIBRO

Como levar unha vida honesta.

Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia
Portada de  Cultura e novas tecnoloxías
LIBRO. ACTAS

Cultura e novas tecnoloxías

Actas dos IV Encontros Cultura e Concellos, celebrados os días 18 e 19 de xuño de 2004 en Santiago de Compostela
Portada de A investigación e o ensino do xornalismo no espazo luso-galego
LIBRO. ACTAS

A investigación e o ensino do xornalismo no espazo luso-galego

Actas do I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos celebrado os días 29 e 30 de outubro de 2002 en Santiago de Compostela
Portada de  Galicia-Finlandia: modos de pensar
LIBRO. ACTAS

Galicia-Finlandia: modos de pensar

A cultura, o mundo, a comunicación: actas das Xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000, en Santiago de Compostela

Manuel Gago nas actividades do CCG

Presentación do "Álbum de Galicia"

Presentación da App .
A Máquina do Tempo

Galicia 100