Carlos García Martínez

----

Carlos García Martínez

1945 Santiago de Compostela | 2018 Santiago de Compostela
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Carlos García Martínez

1945- Santiago de Compostela | 2018 Santiago de Compostela
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor de importantes achegas sobre arqueoloxía, prehistoria, folclore e etnografía de Galicia.

Foi patrón mentor e fundador do Museo do Pobo Galego, entidade que dirixiu tras a morte de Antón Fraguas e á que continúa vencellado desde outros postos de responsabilidade. Tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega, integrante da Comisión Xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, patrón fundador da Fundación Castelao e da Fundación Pedrón de Ouro, socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, presidente do Consello Galego de Museos e socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Foi galardoado co Premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, no ano 1999.

Materiais de Carlos García Martínez

Documento

Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»

Este documento recolle a transcrición realizada por Amancio Liñares da mesa redonda celebrada dentro do marco do I Encontro Universitario do Noroeste Peninsular celebrado na Facultade de Xeografía e Historia da USC en 1983. Baixo o título «As relacións Galicia-Portugal, a debate» o artigo impreso publicouse case un ano máis tarde na revista Encrucillada n.º 40 (novembro-decembro de 1984, pp. 59-68).

Carlos García Martínez nas actividades do CCG

Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»

Artigos

RIVAS, M. (5/1977) Poñerlle pés á lingua escrita. Teima. (22), 41-43.
Ver artigo
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Rosario Álvarez ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Manuel Espiña Gamallo ; Francisco Fernández del Riego ; Francisco Fernández Rei ; Xosé Fortes Bouzán ; Salvador García-Bodaño ; Carlos García Martínez ; Bernardino Graña ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Camiño Noia Campos ; Ricardo Palmás ; Ramón Piñeiro ; María do Carme Ríos Panisse ; Guillermo Rojo ; Antón Santamarina ; Andrés Torres Queiruga ; Alfredo Conde ; Ramón Lorenzo Vázquez ; Xulián Maure Rivas ; Manuel González González ; Xosé Mª Lema Suárez ; Henrique Harguindey Banet ; Xesús Rábade Paredes ; Xoán Babarro González ; José Martinho Montero Santalha ; Manuel Baltar ; Valentín Arias ; Xosé Chao Rego ; Jose Luis Couceiro ; Constantino García González ; Paco Martin ; Manuel Vidán Torreira ; Felipe Martínez Marzoa ; Camilo Flores Varela ; José Luis Rodríguez Fernández ; Arturo Reguera ; Ramón Fraga ;
GARCíA MARTíNEZ, C. (2/1979) A herdanza do SEG: Cara a propia realidade nacional. Nosa Terra, A. (50), 8.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións:
GARCíA MARTíNEZ, C. (3/1980) Aproximación a unha xénese da etnia galega. Nosa Terra, A. (100), 34.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións: