María Dolores Domínguez García

----

María Dolores Domínguez García


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de María Dolores Domínguez García


Doutora en Ciencias Sociais pola Universidade de Wageningen (Países Baixos) e licenciada en Economía pola Universidade de Vigo. Actualmente é profesora de Economía na Universidade Complutense de Madrid. A súa investigación está centrada en temas de economía agraria e socioloxía rural. Anteriormente, traballou como profesora e investigadora nas universidades de Vigo e Wageningen. Actualmente é membro colaborador dos grupos de investigación GEN (Governance and Economic Research Work, UVigo) e do grupo Social Science-Rural Sociology subdivision (WUR). Durante os últimos vinte anos participou en diferentes proxectos europeos (IMPACT, DERREG, DELTANET, SUPURBFOOD) e rexionais (sobre economía ecolóxica e valoración socioeconómica do sector agrario en Galicia).


 


As súas liñas de investigación inclúen a análise do impacto socioeconómico e medioambiental do sector agrario, a achega teórica e aplicada á sostibilidade, o estudo do desenvolvemento rural, a gobernanza, o manexo colectivo, a innovación social e os procesos de aprendizaxe dentro do sector agroalimentario, no ámbito rural e urbano, en Galicia.

María Dolores Domínguez García nas actividades do CCG