Gabriel Quiroga Barro

----

Gabriel Quiroga Barro

1960 Lugo
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Gabriel Quiroga Barro

1960- Lugo

Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade en Historia Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela (1982).


Funcionario do corpo facultativo superior de arquivos da Xunta de Galicia e en excedencia da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Santiago de Compostela.


Desde 2014 é xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña. Anteriormente, desempeñou outros postos de traballo na Universidade de Santiago, no Servizo e na Subdirección Xeral de Arquivos, no Arquivo de Galicia e no Arquivo do Reino de Galicia.


É membro da asociación BAMAD Galicia e foi presidente e secretario de ANABAD Galicia. Forma parte do padroado da Fundación Olga Gallego, entidade dedicada á promoción dos arquivos e do patrimonio documental de Galicia, da que é secretario.


Publicou diversos traballos sobre historia, arquivística ou os arquivos de forma individual ou colectiva, e participou ou dirixiu a publicación de instrumentos de descrición e catálogos de exposicións nos arquivos en que traballou.