Román Rodríguez González

----

Román Rodríguez González

1968 O Vento (Lalín)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Román Rodríguez González

1968- O Vento (Lalín)
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Xeografía. Mestrado en Desenvolvemento Local. É profesor titular do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.
Autor dunha ducia de libros e coautor de preto de vinte publicacións da súa especialidade, participou tamén en corenta libros colectivos. Dirixiu mestrados e cursos de posgrao vinculados co ordenamento territorial en varias universidades. No ano 2000 foi galardoado co Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Investigación polo estudo De aldeas a ciudades.
En 1999 foi elixido concelleiro polo Partido Popular en Lalín. Dez anos despois obtivo acta como deputado autonómico. No Parlamento foi vicevoceiro do Grupo Popular e voceiro nos eidos de Educación, Urbanismo e Ordenación do Territorio.

Publicacións nas que participou Román Rodríguez González