Mary McCarthy

----

Mary McCarthy


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Mary McCarthy


Directora da National Sculpture Factory, foi anteriormente Executive Arts and Culture Manager para a Dublin Docklands Development Authority, Dublín, Irlanda, onde foi responsable do despregamento, implementación e desenvolvemento das artes e da estratexia cultural.
Foi tamén directora de programas e directora adxunta para Cork 2005, a sociedade para xestionar a designación de Cork como Capital Europea da Cultura.
A National Sculpture Factory (NSF), da que actualmente ocupa o cargo de directora, é unha organización que proporciona e promove unha contorna propicia e favorable para a arte e a realización de proxectos creativos, co apoio activo a artistas e á súa práctica a través de residencias, programas de conferencias, intercambios culturais, clases maxistrais e workshops.

McCarthy participou en numerosas conferencias internacionais sobre cultura e foi experta cultural para a Capital Europea da Cultura no proceso de avaliación, así como moderadora e participante en varias conferencias culturais en Europa, EE UU, China, India e Australia. Membro do consello do Irish Museum of Modern Art, Dublín (IMMA). Tamén forma parte da Culture Ireland, entidade estatal para a promoción das artes irlandesas no estranxeiro.

Mary McCarthy nas actividades do CCG