Víctor Sampedro

----

Víctor Sampedro


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Víctor Sampedro


Licenciado na Universidad de Navarra e doutor en Ciencias da Información na Complutense. Completou a súa formación predoutoral con dous mestrados en Ciencias Sociais Avanzadas (Instituto Juan March, Madrid, 1993) e en Mass Communications (Northwestern University, Illinois, 1994).
Na actualidade é catedrático de Opinión Pública e Comunicación Política (URJC, Madrid). Foi profesor-investigador, entre outros posgraos, na UFF (Río de Janeiro), UFBA (Salvador de Bahia), PUC (São Paulo) UPF e UAB (Barcelona), UCM e UAM (Madrid), Univ. Iberoamericana (México DF), Univ. de Yucatán e Chihuahua… O Instituto Ortega y Gasset, a Escuela de Periodismo de El País ou o Instituto Nacional de Administración Pública foron outros dos seus lugares de docencia. Coordinou numerosos grupos e mesas de traballo, nos congresos e asociacións internacionais, de Socioloxía, Ciencias Políticas e Comunicación; movéndose sempre entre esas tres áreas de coñecemento. É socio fundador da Asociación Española de Ciencias Políticas e dirixe o Mestrado en Comunicación, Cultura y Ciudadanía Digitales, pioneiro na súa concepción en aberto: www.cccd.es
Figurou, entre outros, nos consellos editoriais de Political Communication, International Journal of Press and Politics, Communication and Society, Javnost-The Public, Communication and the Public e o Centro de Investigaciones Sociológicas. Coescribiu e coeditou numerosas publicacións sobre movementos sociais e esfera pública democrática; TIC, acción colectiva e campañas electorais; novos xéneros de Comunicación Política… Ademais deste labor académico, participou e promoveu proxectos sociais de intervención cidadá e empoderamento comunicativo.
A maioría das súas publicacións son accesibles en aberto en www.victorsampedro.com, ao igual que os seus proxectos de investigación actuais (www.ciberdemocracia.es).

Víctor Sampedro nas actividades do CCG