María Isabel Míguez González

----

María Isabel Míguez González


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de María Isabel Míguez González


Doutora en Comunicación, Publicidade e Relacións Públicas.

Profesora titular na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, onde imparte docencia de Dirección de Comunicación (Grao en Publicidade e Relacións Públicas) e de Dirección Estratéxica de Comunicación Dixital (Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais).

No ano 2016 creou SEPCOM (Grupo de Investigación en Comunicación para o Servizo Público), do que continúa sendo coordinadora.

Actualmente é, xunto co profesor Alberto Dafonte Gómez, investigadora principal do proxecto «Narrativas digitales contra la desinformación: estudio de redes, temas y formatos en los fact-checkers iberoamericanos», financiado pola Axencia Estatal de Investigación, dentro do Plan Nacional de I+D+i.

Publicacións nas que participou María Isabel Míguez González