Antonio Martínez Ron

----

Antonio Martínez Ron

1976 Madrid
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Antonio Martínez Ron

1976- Madrid
Xornalista e divulgador científico. Traballa como redactor xefe de “Next”, a sección de Ciencia de Vozpopuli.com, e é colaborador do programa Órbita Laika (TVE). Tamén foi editor de Ciencia de lainformacion.com. É un dos creadores do blog de Ciencia máis lido en español (Naukas.com) e colaborador habitual de medios como Quo, Yahoo! e Onda Cero. Ademais, dirixiu o documental El mal del cerebro, Premio Boehringer 2013 ao mellor traballo de xornalismo en Medicina.
Desde 2003 recolle os seus "asombros diarios" en Fogonazos.es, o decano da blogosfera científica en España, con máis de 40 000 subscritores. Como divulgador científico recibiu un galardón Prismas, varias Bitácoras e o Premio Blasillo polo seu traballo en Internet.

Antonio Martínez Ron nas actividades do CCG