Beli Martínez

----

Beli Martínez

1980 A Guarda
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Beli Martínez

1980- A Guarda
Doutora en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo coa primeira tese que estudou o Novo Cinema Galego.

E produtora en Filmika Galaika, empresa galega especializada en cinema autoral e que produciu os últimos traballos de Eloy Enciso (Longa noite), de Jessica Sarah Rinland (Those that, at a distance, resemble another) e de Helena Girón e Samuel M. Delgado (Eles transportan a morte). Os seus filmes obtiveron o recoñecemento do xurado en festivais como o Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI), o Festival lntemacional de Cine UNAM (FICUNAM), o Festival Internacional de Cine Documental y Cortometraje de Bilbao (ZINEBI) ou os festivais de Venecia, Locarno, Donostia e Mar del Plata, entre outros.

Desde o ano 2012 desenvolve o Proxecto Socheo, arquivo audiovisual da Guarda.

Compaxina a produción audiovisual coa docencia na Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. Impartiu conferencias en universidades como as de Harvard, Edimburgo, Porto ou País Vasco.