Carlos Callón

----

Carlos Callón

1978 Ribeira (A Coruña)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Carlos Callón

1978- Ribeira (A Coruña)
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza) e da Fundación Via Galego, así como portavoz nacional da plataforma unitaria Queremos Galego. Tamén presidiu o Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minorizadas. Profesor de Lingua e literatura galegas en secundaria e investigador sobre sociolingüística e literatura, materias sobre as cales é un prolífico conferencista. Foi tamén concelleiro na súa vila natal e membro do Consello Asesor de RTVE-G. Publicou os ensaios Unha historia que nos pertence (2005), En castellano no hay Problema(2010), Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros á mellor obra non literaria en galego dese ano), Amigos e sodomitas (2011, premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e premio Fervenzas Literarias de ensaio e investigación) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012). Obtivo tamén varios galardóns pola súa obra de creación, entre os cales salienta o premio internacional de teatro breve Lauro Olmo (1996).

Publicacións nas que participou Carlos Callón

Portada de  Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario
LIBRO. ACTAS

Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario

Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011
Portada de  Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
LIBRO. ACTAS

Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”

(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001). Tomo II
Portada de  Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
LIBRO. ACTAS

Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”

(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001 ). Tomo I

Artigos

CALLóN, C. (2000) Aproximación á visión das relacións intermasculinas e interfemininas na lírica medieval galego-portuguesa. Fluxos. (2), 17.
Ver artigo
Mencións: