Luzia Oca González

----

Luzia Oca González

1971 Ribadeo, Lugo
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Luzia Oca González

1971- Ribadeo, Lugo

É doutora en Antropoloxía Social pola USC coa tese “Caboverdianas en Burela (1978/2008): Migración, relacións de xénero e intervención social”. É profesora auxiliar na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, onde traballa dende 2004 desenvolvendo a súa actividade investigadora no Centro de Estudos Transdisciplinares para o Desenvolvimento –CETRAD. É autora de diversos traballos de investigación e publicacións sobre a comunidade caboverdiana da Galiza e o seu país de orixe. Mantén unha estreita relación con Cabo Verde, onde colaborou en diversas iniciativas con mulleres, empregando metodoloxías participativas con enfoque no empoderamento. Forma parte da Comisión de Igualdade do CCG dende 2016.