Cristina Domínguez Dapena

----

Cristina Domínguez Dapena

1965 Pontevedra, España
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Cristina Domínguez Dapena

1965- Pontevedra, España
Titulada superior en Arte Dramática na RESAD de Madrid e Máster Universitario en Artes Escénicas, na especialidade de Educación e Animación Teatral. Docente da Escola Superior de Arte Dramática, e a súa vicedirectora entre 2015 e 2021. Impartiu cursos relacionados coa voz e a dicción, ámbito sobre o que ten diferentes publicacións. Entre 2006 e 2009 foi a directora do Centro Dramático Galego.

Ten unha ampla traxectoria como directora e activista teatral, na que destaca a súa idea de facer un teatro de vangarda no que estean presentes outras artes. Recibiu o premio á mellor dirección escénica en diferentes edicións dos Premios María Casares: en 2014 por As do peixe, en 2006 por Ti?o Vania e en 2002 por Coitelos nas galin?as.

Publicacións nas que participou Cristina Domínguez Dapena

Portada de  Deseñando horizontes.
LIBRO. ACTAS

Deseñando horizontes.

Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego