Proxecto Sarmiento » Blog Archive » El Gran Gallego

El Gran Gallego

gran_gallego.jpgUn dos máis importantes estudosos da obra de Martín Sarmiento, Antolín López Peláez, publicou en 1895 esta ampla biografía, en moitos aspectos aínda non superada. En 2002 foi reeditada facsimilarmente polo Consello da Cultura Galega. “El Gran Gallego” é unha extensa referencia á figura do benedictino, e unha denuncia ó esquecemento ó que foi sometida durante máis de cen anos xunto coa súa obra, totalmente inédita por aquel entón. Nela faise unha análise minuciosa sobre o seu activismo, as circunstancias que o rodeaban, a súa personalidade, a súa forma de facer literatura e a súa relación con Galicia e a súa cultura.

Ficha bibliográfica

El Gran Gallego / Antolín López Peláez. — A Coruña : Biblioteca Gallega, 1895. Andrés Martínez, editor. — 289 p.

Descargue o libro.