Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Frei Martín Sarmiento e a Galicia do seu tempo

Frei Martín Sarmiento e a Galicia do seu tempo

catalogo_expo.jpgCon motivo do tricentenario do natalicio de Martín Sarmiento, o Consello da Cultura Galega organizou unha exposición itinerante, co correspondente catálogo, que é o aquí ofrecemos. Nel se recollen multitude de fotografías referentes, primeiro, á vida e obra de Sarmiento, e segundo, ó tempo que lle tocou vivir. Un tempo enmarcado no século XVIII, cualificado por Otero Pedrayo coma un dourado outono, pola grandiosidade da arquitectura que se realizaba, e polo esplendor do que facía gala o mundo cultural. Grazas á importante labor que desenvolveu Sarmiento, xunto con contemporáneos coma o tamén benedictino pai Feijoo, e a incipiente participación da muller na vida intelectual, podemos dicir sen lugar a dúbidas que estamos a falar dunha das épocas máis curiosas e interesantes do noso panorama cultural.

Ficha bibliográfica

Frei Martín Sarmiento e a Galicia do seu tempo. Exposicións didácticas / Textos de Xosé Filgueira Valverde; con fotografías de Xurxo Lobato. Deseño do catálogo: Pepe Barro, Xosé Salgado e Lía Santana (Grupo ReVisión Deseño). — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 1995. — 125 p. : DL C-930-1.995. — ISBN 84-87172-96-2

Descargue o libro en galego.
Descargue o libro en castelán.