Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Reflexiones literarias para una biblioteca real

Reflexiones literarias para una biblioteca real

reflexions_literarias.jpgObra orientadora da política cultural que debería seguir en España (segundo a idea de Sarmiento) no ámbito da edición e da lectura, coa primeira proposta de establecemento de ‘librarías’ públicas. Un proxecto global de modernización e reforma cultural, tal e como indica José Santos Puerto na celmosa introdución. A nota curiosa pona a súa orixe, xa que comezou tras unha conversa de Sarmiento co seu amigo Juan de Iriarte, bibliotecario maior da Biblioteca Real. Nesa conversa falaban da necesidade de facer un edificio magnificente para a Biblioteca que se estaba proxectando construír a imitación do Real Palacio. E foi precisamente, a partir duns primeiros planos do proxecto, de onde xurdiron uns escritos que non só falaban de cómo estruturar a biblioteca, senón de toda a política do libro en España.

Ficha bibliográfica

Sarmiento, Martín, Reflexiones literarias para una biblioteca real (A referencia cultural da ilustración española) / Martín Sarmiento, edición e estudio de José Santos Puerto, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2002, 205 p.

Descargue o libro.