Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Antoloxía sobre a lingua galega

Antoloxía sobre a lingua galega

sobre_a_lingua_galega.jpgEsta antoloxía ofrece unha escolma dos escritos de Sarmiento sobre o idioma galego, verquidos á nosa lingua e precedidos dun amplo estudo introdutorio. Preséntase como un manual de iniciación ao tema, pensado sobre todo para estudantes. Para a súa realización partiuse do labor doutros estudosos, en particular do finado José Luis Pensado. Deste recuperáronse as edicións da “Carta sobre a orixe e formación da lingua galega”, do Onomástico etimolóxico da lingua galega, dos Elementos etimolóxicos segundo o método de Euclides e do Discurso apoloxético pola Arte de rastrexar etimoloxías. Inclúense tamén treitos doutras obras de Sarmiento, como a primeiriza Demostración crítico-apoloxética, as póstumas Memorias para a historia da poesía, e un fragmento dun escrito ata agora inédito, Orixe da voz galega ‘mixiriqueiro’.

Ficha bibliográfica

Sarmiento, Martín, Sobre a lingua galega. Antoloxía / Martín Sarmiento; selección, introdución, edición, notas e índices de Henrique Monteagudo; tradución ao galego H. Monteagudo e Xosé Manuel Soutullo, Vigo, Editorial Galaxia, 2002, 423 p.

Descargue o libro.