Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Memorias para la historia de la poesía, y poetas españoles

Memorias para la historia de la poesía, y poetas españoles

memorias_poetas.jpg Nesta obra, publicada postumamente en 1775, Sarmiento aborda a investigación das orixes e primeiros pasos das literaturas hispánicas. A filoloxía e os estudos literarios constituirían un dos ámbitos nos que centraría unha boa parte do seu exercicio intelectual. Trátase da primeira tentativa de historia literaria española. Nesta obra, Sarmiento exhuma a “Carta prohemio” do Marqués de Santilllana, en que se dá noticia da existencia da poesía trobadoresca medieval, daquela totalmente ignorada. Tamén dá noticia das Cantigas de Santa Maria de Afonso X. Sarmiento redactou o orixinal desta obra entre 1741 e 1745, a pedimento do cardeal Valentí Gonzaga. Foi a única obra súa de certa amplitude que se publicou despois do pasamento do autor, no marco dun fanado proxecto de edición das súas obras.

Descargue o libro (dixitalizado por Google)

Consulta en liña do libro (Google Books)