Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Epistolario

Epistolario

espistolario_portada.jpgOfrecemos aquí a colección máis ampla compilada ata o momento da correspondencia sarmentina, con 208 cartas. Este riquísimo corpus é como un conxunto de “conversas por escrito”, con moi variados correspondentes. O epistolario ten unha grande importancia para coñecer o seu carácter e o seu estilo. Tanto as cartas familiares coma as protocolarias e eruditas conteñen un copioso acervo de datos biográficos, das ciencias da Natureza, das memorias históricas, da filoloxía…, da vida e do pensamento daquel tempo.
Os académicos do século XVIII falaban como se escribía e escribían con gran requintamento retórico. Pola contra, Sarmiento expresábase con máxima naturalidade. Pero ademais deste gozo literario, a súa correspondencia é unha fonte de noticias nas que sempre se transloce o posto privilexiado que ocupaba Galicia no seu pensamento.

Ficha bibliográfica

Sarmiento, Martín, Epistolario do P. Sarmiento / disposto por Xosé Filgueira Valverde e María Xesús Fortes Alén, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1995, 539 p.

Descargue o libro.