Proxecto Sarmiento » Blog Archive » O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso

O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso

actas_portada.jpgEn 1995, co gallo do tricentenario do nacemento de Martín Sarmiento, o Consello da Cultura Galega organizou un amplo Congreso Internacional. En 1997 editaríanse as actas deste Congreso, en co-edición coa Universidade de Santiago de Compostela, que aquí ofrecemos. No Congreso participaron una gran cantidade de relatorios, que proviñan de diversos ámbitos do coñecemento e da cultura galega. Os mesmos ámbitos que cultivara Martín Sarmiento ó longo da súa vida. Historia e Ciencias Sociais, Lingua, Folclore, Educación, Ciencias Naturais e Medicina son as temáticas en torno ás que xiran os relatorios e comunicacións que se expoñen en dous tomos, indispensables para coñecer mellor a figura do frei. Unha homenaxe máis que, ó igual que o presente “Proxecto Sarmiento”, pretende lograr a penetración das súas ideas na conciencia do pobo galego.

Ficha bibliográfica

Congreso Internacional do tricentenario de Frei Martín Sarmiento (1695-1995) (1995. Santiago de Compostela) / Padre Sarmiento e o seu tempo : Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995). Santiago de Compostela, 19 de maio-3 de xuño de 1995 — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Universidade de Santiago de Compostela. 1997. – 2 t. : il. ; 24 cm. – Bibliografía. – D.L. C-1013/1997. – ISBN 84-8121-623-2 (O.C.) I: Historia e Ciencias Sociais. – 485 p. – ISBN 84-8121-624-0 (t.1) II: Lingua, Folclore e Educación, Ciencias Naturais e Medicina. – 464 p. – Ap. Catálogo da Exposición Bibliográfica e Documental sobre Fr. Martín Sarmiento. – ISBN 84-8121-625-9 (t.2) 1. Sarmiento. Martín-Congresos. I.Sarmiento, Martín. II.Consello da Cultura Galega. ed. III.Universidade de Santiago de Compostela. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, ed. IV.Título

Descargue o libro (Tomo I).
Descargue o libro (Tomo II).