Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”

Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”

A Asociación Galega de Onomástica (AGOn) en 2002, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas dedicado a Martín Sarmiento, organizou na Universidade de Compostela o I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”. Ofrecemos a posibilidade de acceder ao texto da conferencia inaugural a cargo de Ramón Lorenzo e aos relatorios da sección temática do Padre Sarmiento e a Onomástica (Rosario Álvarez, Xosé Manuel Dasilva, Gonzalo Navaza).

Ficha bibliográfica

Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”, Santiago de Compostela, 2-4 de setembro de 2002 / [organizado pola] Asociación Galega de Onomástica ; Luz Méndez, Gonzalo Navaa (editores). – Santiago de Compostela : Asociación Galega de Onomástica : Real Academia Galega : Instituto de Lingua Galega, 2006. – 840 p. ; 24 cm. – (Biblioteca Galega de Onomástica) ; 1.-DL C-408/2007. – ISBN 978-84-690-3921-2
1. Lingua galega-Congresos e asembleas. 2. Onomástica I. Méndez, Luz, ed. lit. II. Navaza, Gonzalo, ed. lit. III. Asociación Galega de Onomástica. IV. Serie

Conferencia inaugural de Ramón Lorenzo
Relatorio de Rosario Álvarez
Relatorio de Xosé Manuel Dasilva
Relatorio de Gonzalo Navaza