Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Día das Letras Galegas 2002. Martín Sarmiento

Día das Letras Galegas 2002. Martín Sarmiento

correo_literario.jpgEste libro facsimilar foi un contributo que quixo focalizar a atención sobre o publicado nos lustros inmediatamente posteriores ó falecemento de Frei Martín Sarmiento. Revisando as bibliografías máis completas e solventes publicadas ata a data, salienta en primeiro lugar a edición do volume Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (1775). Antes de que rematase o século XVIII viñeron a lume algúns escritos en folleto: Disertacion sobre las eficaces virtudes y uso de la planta llamada Carquesa, conocida en Galicia con el nombre de Carqueixa ([1ª] 1786, [2ª] 1787 , [3ª] 1790), Antigüedad de las bubas (1787), Ir a la guerra, navegar y casar, no se puede aconsejar (1788), e Meco-Mora-Agudo, epitetos del impostor Mahoma (1789). Pero a que leva a palma é a revista madrileña “Semanario Erudito”, dirixida polo galego Antonio Valladares de Sotomayor. Entre 1787 e 1789 este periódico publicou, entre outros de menor importancia, os escritos Catálogo de algunos libros curiosos y selectos (1787), El porque sí y el porque no del Padre Sarmiento (1787), La Educación de la Juventud (1789), Apuntamientos para un discurso sobre la necesidad que hay en España de unos buenos caminos reales (1789) e Reflexiones Literariaspara una Biblioteca Real y otras bibliotecas públicas (1789). Segundo o devandito, o groso do esforzo de difusión da obra de Sarmiento produciuse entre 1786 e 1790.

Ficha bibliográfica

FREI Martín Sarmiento : Día das Letras Galegas 2002 / [organizado polo] Departamento de Filoloxía Galega ; baixo a coordinación de Antón Santamarina. – Santiago de Compostela : Universidade, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 2002 – 221 p. ; 24 cm. – D.L.C. 889-2002. – ISBN 84-8121-973-8 1. Sarmiento, Martín-Crítica e interpretación. I. Sarmiento, Martín. II. Santamarina, Antón, coord. III. Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Galega. IV. Universidade de Santiago de Compostela. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, ed.

Descargue a reprodución facsimilar.