Proxecto Sarmiento » Blog Archive » El monasterio de Samos. Estudio Histórico

El monasterio de Samos. Estudio Histórico

manuscrito_sarmiento.jpg En 1894 Antolín López Peláez publica este volume co propósito de homenaxear a Sarmiento, para o cal leva a cabo unha análise historiográfica do mosteiro samonense. O estudo vai acompañado da reprodución dun manuscrito inédito do frade titulado Origen del nombre, y Casa de San Julian de Samos: Monasterio de Benitos en Galicia (tomo IV da Colección Medina Sidonia). Trátase dun escrito en 19 pregos do ano 1761 onde, ademais de abordar a orixe do nome de Samos e derivados, combate os falsos cronicones, achégase aos mosteiros da Orde de San Benito espallados por Galicia ―entre eles o de Celanova e San Pedro de Rocas― e evidencia as datas erradas na maioría dos libros becerros.

A reprodución dixital desta obra realizouse a partir de dous exemplares depositados na Biblioteca Universitaria [BUSC]. Dado que están incompletos, o proceso de reprodución culminouse coa consulta dun terceiro que forma parte dos fondos do Convento de San Francisco en Santiago de Compostela. Neste sentido queremos mostrar o noso agradecemento ao Padre Cepeda polas facilidades e atencións que nos concedeu no acceso ao libro e na elaboración das fotocopias necesarias para completar a totalidade do volume que aquí ofrecemos.

Ficha bibliográfica

López Peláez, Antolín, El Monasterio de Samos / estudio histórico por Antolín López Peláez con un ms. inédito del P. Sarmiento, Lugo, [s.n.], 1894 (Imprenta á cargo de Juan M. Bravos), 227 p.

Descargue o libro