Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Cuadernos de Estudios Gallegos

Cuadernos de Estudios Gallegos

Este tomo XXVII (81-82-83) de Cuadernos de Estudios Gallegos (1972) está dedicado á figura de Martín Sarmiento. Nel recóllense diferentes traballos que abordan desde a xenealoxía e biografía do monxe ata estudos da súa polifacética obra: lingüística, educación, diplomacia, arquivística… Entre outras sinaturas atopamos as de Ramón Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Antón Fraguas e José L. Pensado.

Ficha bibliográfica
Cuadernos de Estudios Gallegos, Santiago de Compostela, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Instituto Padre Sarmiento, XXVII, 81-82-83 (1972), 379 p.

Descargue o libro [Véxase tamén a edición de 1995]