Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Escritos geográficos

Escritos geográficos

portada_escritos_geograficos.jpgEn 1996, na colección Bibliofilia de Galicia, viron a luz, con edición e estudo de José Luis Pensado e baixo o título Escritos geográficos, dous manuscritos de Sarmiento ata daquela inéditos. O primeiro, Problema chorográfico para describir a Galicia con un nuevo método, escrito en 1762, en 12,5 pregos, ten por obxectivo formar “un larguísimo mapa de Galicia que no tenga igual en los libros, en cuanto al exacto, cierto, universal, individual, sin que ningún sitio se coloque a vulto en el dicho mapa”. O segundo escrito, Plano para formar una descripción geográfica de España, 11 pregos, non leva nin data nin sinatura aínda que na advertencia que o precede aparece como data de comezo o ano de 1751. O fundamento deste plano é “hacer un Interrogatorio prolijo, que en 150 preguntas coordinadas con división, claridad y método, abrace todo cuanto se puede saber de una provincia, territorio, ciudad, villa o aldea”.

Ficha bibliográfica

Sarmiento, Martín, Escritos geográficos / Martín Sarmiento, edición e estudo preliminar por José Luis Pensado, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Cultura, 1996, 167 p.

Descargue o libro.