Proxecto Sarmiento » Blog Archive » Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII

Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII

portada_opusculos.jpgBaixo o título Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII, a Colección Bibliófilos Gallegos acolle en 1961 unha escolma de textos representativos do pensamento médico do século XVIII.

Trátase dun conxunto de escritos de Araújo y Salgado, o Padre Feijoo, o Padre Sarmiento, Gómez de Bedoya e don Fernando Oxea, que vai precedido dun estudo preliminar de Ramón Baltar Domínguez sobre a época e os autores e dun prólogo de Rof Carballo.

Da pluma de Frei Martín Sarmiento inclúese un extracto da Demonstración crítico-apologética (Medicina, discurso quinto) e a Disertación sobre las eficaces virtudes y uso de la planta llamada carquesa, conocida en Galicia por el nombre carqueixa. No primeiro deles o autor realiza unha contundente defensa do Padre Feijoo, duramente contestado polas ideas vertidas no Teatro Crítico. No segundo, prego escrito en 1759, refírese con detalle ás utilidades medicinais da planta denominada ‘carqueixa’.

Ficha bibliográfica

Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII / Por Araújo y Salgado … [et alii]; Prólogo del Dr. J. Rof Carballo; Estudio preliminar sobre la época y los autores por el Dr. Ramón Baltar Domínguez, Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos, 1961, p. 87-129.

Descargue o libro