Proxecto Sarmiento » Estudos sobre Sarmiento

Estudos sobre Sarmiento

Cuadernos de Estudios Gallegos

Este tomo XXVII (81-82-83) de Cuadernos de Estudios Gallegos (1972) está dedicado á figura de Martín Sarmiento. (Máis información e descarga)

Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”

A Asociación Galega de Onomástica (AGOn) en 2002, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas dedicado a Martín Sarmiento, organizou na Universidade de Compostela o I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”. (Máis información e descarga)

O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso

actas_portada.jpgEn 1995, co gallo do tricentenario do nacemento de Martín Sarmiento, o Consello da Cultura Galega organizou un amplo Congreso Internacional. En 1997 editaríanse as actas deste Congreso, en co-edición coa Universidade de Santiago de Compostela, que aquí ofrecemos. (Máis información e descarga)

Catálogo da Biblioteca da USC con motivo das Letras Galegas 2002

busc_letras_galegas.jpgPor mor da dedicación ao Padre Sarmiento do Día das Letras Galegas en 2002, a Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago organizou unha exposición bibliográfica e publicou un interesante catálogo, (Máis información e descarga)

Frei Martín Sarmiento e a Galicia do seu tempo

catalogo_expo.jpgCon motivo do tricentenario do natalicio de Martín Sarmiento, o Consello da Cultura Galega organizou unha exposición itinerante, co correspondente catálogo, que é o aquí ofrecemos. (Máis información e descarga)

El Gran Gallego

gran_gallego.jpgUn dos máis importantes estudosos da obra de Martín Sarmiento, Antolín López Peláez, publicou en 1895 esta ampla biografía, en moitos aspectos aínda non superada. En 2002 foi reeditada facsimilarmente polo Consello da Cultura Galega. (Máis información e descarga)