Proxecto Sarmiento » Obra recuperada

Obra recuperada

Noticia de la verdadera patria (Alcalá) de él Miguel de Cervantes

Publicado pola Librería de Álvaro Verdaguer, en 1898 ve a luz o escrito de Martín Sarmiento Noticia de la verdadera patria (Alcalá) de él Miguel de Cervantes, nunha edición cotexada coas copias da Colección de Medina Sidonia (tomo XVIII) e coa da Biblioteca Arús de Barcelona. (Máis información e descarga)

Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII

portada_opusculos.jpgBaixo o título Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII, a Colección Bibliófilos Gallegos acolle en 1961 unha escolma de textos representativos do pensamento médico do século XVIII. (Máis información e descarga)

Semanario erudito

portada_semanario_erudito.jpgEntre os anos 1787 e 1791 viu a luz en Madrid o Semanario Erudito, unha publicación que estaba editada por Antonio Valladares de Sotomayor e que tiña o propósito de rescatar a obra de autores políticos, sabios e literatos do Século de Ouro e principios do XVIII. (Máis información e descarga)

Nacimiento y crianza de San Fernando en Galicia

portada_nacimiento_y_crianza.jpgO deán da catedral de Ourense, D. Juan Manuel Bedoya, publica en maio de 1849, con notas e cun apéndice, 38 parágrafos da autoría de Fr. Martín Sarmiento que forman parte do tomo XVI da Obra de 660 pliegos. (Máis información e descarga)

Escritos geográficos

portada_escritos_geograficos.jpgEn 1996, na colección Bibliofilia de Galicia, viron a luz, con edición e estudo de José Luis Pensado e baixo o título Escritos geográficos, dous manuscritos de Sarmiento ata daquela inéditos. (Máis información e descarga)

El monasterio de Samos. Estudio Histórico

manuscrito_sarmiento.jpg En 1894 Antolín López Peláez publica este volume co propósito de homenaxear a Sarmiento, para o cal leva a cabo unha análise historiográfica do mosteiro samonense. O estudo vai acompañado da reprodución dun manuscrito inédito do frade titulado Origen del nombre, y Casa de San Julian de Samos: Monasterio de Benitos en Galicia (Máis información e descarga)

Párrafos de un manuscrito inédito del P. Sarmiento

manuscrito_sarmiento.jpgO fragmento que aquí reproduce Antolín López Peláez corresponde á Obra de 660 pliegos, números 3406 ao 3450 e 3691 ao 3703 (tomo XV da Colección Medina Sidonia), que ten como motivo central o reino mineral. (Máis información e descarga)

Epistolario

espistolario_portada.jpgOfrecemos aquí a colección máis ampla compilada ata o momento da correspondencia sarmentina, con 208 cartas. Este riquísimo corpus é como un conxunto de “conversas por escrito”, con moi variados correspondentes. O epistolario ten unha grande importancia para coñecer o seu carácter e o seu estilo. (Máis información e descarga)

Antoloxía sobre a lingua galega

sobre_a_lingua_galega.jpgEsta antoloxía ofrece unha escolma dos escritos de Sarmiento sobre o idioma galego, verquidos á nosa lingua e precedidos dun amplo estudo introdutorio. Preséntase como un manual de iniciación ao tema, pensado sobre todo para estudantes. (Máis información e descarga)

Memorias para la historia de la poesía, y poetas españoles

memorias_poetas.jpg Nesta obra, publicada postumamente en 1775, Sarmiento aborda a investigación das orixes e primeiros pasos das literaturas hispánicas. A filoloxía e os estudos literarios constituirían un dos ámbitos nos que centraría unha boa parte do seu exercicio intelectual. (Máis información e descarga)