Proxecto Sarmiento » Inventario

Inventario

Martín Sarmiento deixou unha obra moi ampla, case toda ela manuscrita. Isto ten dúas implicacións importantes. Primeiramente, ao non arranxar os textos para a súa publicación, o autor non se preocupou de revisalos e darlles forma definitiva; ás veces, nin sequera un título. En segundo lugar, moitos escritos circularon mediante copia manual e en moitas ocasións sufriron intervencións moi importantes dos escribáns: recortes, refundicións e adaptacións de distinto tipo, incluíndo cambios de título. Por sorte, antes do pasamento de Sarmiento, o seu amigo, o duque de Medina Sidonia, ordenou facer un traslado da súa obra, utilizando os exemplares dos seus escritos que o propio frade tiña na súa cela. Así naceu a Colección Medina Sidonia, que recolle a maior parte da produción sarmentina, nunha copia moi coidada. Dado que a gran maioría dos orixinais autógrafos de Sarmiento acabaron perdéndose, esta colección constitúe a fonte máis importante e case sempre a máis fiel (e para algúns textos a única) dos textos do autor.

Tendo en conta o dito, o establecemento do inventario definitivo da obra de Sarmiento (isto é, a localización e identificación dos seus escritos orixinais, fixando os seus límites e os seus títulos) é un labor máis complexo do que pode parecer a primeira vista. Para esta finalidade, as tres fontes primarias e fundamentais son:

1) O Catálogo de los Pliegos que yo, fray Martín Sarmiento, he escrito de mi mano, pluma y letra sobre diferentes asuntos (abreviado Catálogo de los pliegos), que o propio autor redactou ca. 1768, e do que chegou a nós un manuscrito autógrafo, case seguramente o orixinal (Biblioteca Nacional, Madrid, ms. 17.642).
2) O Índice de las obras manuscritas del Padre fray Martín Sarmiento…), da Colección Medina Sidonia (abreviado Índice de las obras), que reflicte un estadio da colección anterior ao que presenta actualmente, e que foi realizado en 1778 por un dos amanuenses que traballou na súa copia (orixinal na Biblioteca capitular e Colombina de Sevilla). Unha versión deste índice foi publicado na revista El Correo Literario de la Europa, (Madrid, 1782).
3) A Cronología de los escritos del Reverendísimo Padre Maestro Fray Martín Sarmiento… (abreviado, Cronología de los escritos), elaborada tamén a partir da Colección Media Sidonia.

Deseguido, ofrecemos as referencias bibliográficas máis importantes para construír o dito inventario, comezando polas edicións que existen destas tres fontes.

1. Catálogo de los pliegos ( = Número y calidad de los escritos) [Descargue en PDF a versión ao galego]

  • Domínguez Fontenla, J., “Fray Martín Sarmiento. Su autobiografía”, Boletín Arqueológico de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, VII, 155 (1924), p. 153-72. [Descargue o artigo en PDF].
  • Santos Puerto, J., “Una Bio-Bibliografía actualizada de Martín Sarmiento: Catálogo de los pliegos (…) sobre diferentes”, Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, 6 (2002), p. 69-95. [Descargue o artigo en PDF].
  • Viñas Cortegoso, L., Vida y viajes literarios, número y calidad de los escritos del Rvdmo. P. M. Fray Martín Sarmiento, Vigo, Ediciones Monterrey, 1952. [Descargue o libro en PDF].

2. Índice e noticia da Colección Medina Sidonia e das que dependen desta

  • [Saez, S.], “Colección de los Manuscritos del R. P. Fr. Martín Sarmiento, Benedictino, que recopiló y copió por orden del difunto duque de Medina Sidonia D. Santiago Saez su Secretario”, El Correo Literario de la Europa, tomo II (1782), núms. 32 a 45. Reproducido facsimilarmente en Santamarina, A. (ed.), Día das Letras Galegas 2002. Martín Sarmiento, Santiago de Compostela, Universidade, 2002, p. 94-221. [Máis información e descarga].
  • Álvarez Giménez, E., Biografía del R. P. Fray Martín Sarmiento y noticia de sus obras impresas y manuscritas, con indicación de los Archivos y Bibliotecas en donde se hallan, Pontevedra, [s.n], 1884 (Imprenta de José Millán). [Descargue o libro en PDF]. (A reprodución dixital desta obra realizouse a partir do exemplar depositado nos fondos da Biblioteca Universitaria [BUSC])
  • Gesta y Leceta, M., Índice de una colección manuscrita de obras del Rmo. Padre Fr. Martín Sarmiento, benedictino, seguido de varias noticias bio-bibliográficas del mismo, Madrid, Viuda e Hija de Gómez Fuentenebro, 1888. [Descargue o libro en PDF]. (A reprodución dixital desta obra realizouse a partir do exemplar depositado nos fondos da Biblioteca Universitaria [BUSC])
  • Santos Puerto, J., “Paradero y descripción de la Colección Medina Sidonia”, en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, I, 1995, p. 399-422. [Máis información e descarga].

3. Cronología de los escritos del Rvmo. P. M. Fray Martín Sarmiento, contenidos en esta Colección [Medina Sidonia]. Pliegos de cada uno, tomos y folios a que se hallan.

  • Pensado, J. L., Fray Martín Sarmiento, testigo de su siglo, Salamanca, Universidad, 1972 (1ª); Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1995 (2ª); p. 61-70. [Descargue o libro]

4. Descrición de fondos e repertorios bibliográficos

    No tocante á localización e descrición de fondos e a elaboración de repertorios bibliográficos, os traballos máis importantes son os seguintes:

    • Aguilar Piñal, F., Bibliografía de autores españoles del siglo XVIII, Madrid, CSIC, VII, 1988, p. 573-96.
    • Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago, Letras galegas 2002. Frei Martín Sarmiento. Mostra Bibliográfica. [Máis información e acceso].
    • Filgueira Valverde, J., “El Padre Sarmiento en el Museo de Pontevedra”, Cuadernos de Estudios Gallegos, XXVII, 81-82-83, 1972, p. 74-103. [Descargue o documento en PDF].
    • “Guía bibliográfica para el estudio de Fray Martín Sarmiento”, Cuadernos de Estudios Gallegos, XXVII, 81-82-83, 1972, p. 369-379. [Descargue o documento en PDF].
    • Maté Sadornil, L., “Padre Sarmiento: catálogo de sus obras en el Archivo de Silos”, en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, I, 1995, p. 423-39. [Máis información e descarga].
    • Pensado, J. L., “Situación de la obra impresa de Sarmiento”, en Fray Martín Sarmiento testigo de su siglo, Salamanca, Universidad, 1972 (1ª); Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1995 (2ª), p. 11-24.
    • Fray Martín Sarmiento, un ilustrado en la biblioteca del Museo de Pontevedra: catálogo bibliográfico, Pontevedra, Museo, 1994 [Separata de El Museo de Pontevedra 48, 1994, p. 613-763].