Proxecto Sarmiento » Guía de fondos

Guía de fondos

des_trinity.jpgO arquivo persoal de Martín Sarmiento, coidadosamente custodiado por el mesmo ao longo da súa vida, esbandallouse e desapareceu ao pouco do seu pasamento. Por tanto, a porción dos seus fondos que chegou ata os nosos días ¬en parte procedente dos distintos comitentes ou destinatarios dos seus escritos e cartas¬ está espallada en distintos arquivos e bibliotecas. Ademais, o sector da obra de Sarmiento que tivo algunha circulación, difundiuse basicamente en forma de copia manuscrita. Por iso, a localización dos fondos sarmentinos é un obxectivo básico do proxecto ‘Obras de Martín Sarmiento’, non só porque isto permite calibrar a difusión que atinxiron estes textos nos círculos letrados (e por tanto, o impacto real do seu pensamento), mais porque constitúe unha información básica á hora de traballar na edición dos seus escritos en si.

A seguir, ofrecemos a relación de arquivos e bibliotecas que custodian orixinais ou copias manuscritas dos ditos textos. Na súa maioría, xa foron examinados e inventariados para o proxecto.

Pode consultar aquí un pdf interactivo con todos os fondos, en continua actualización [Descargue o documento].

Fondos de Martín Sarmiento en arquivos e bibliotecas (por orde alfabética)

  • Academia Bellas Artes ‘San Fernando’ (Madrid)
  • Archivo Casa Ducal de Medina Sidonia (Cádiz)
  • Archivo Congregación Benedictina de Valladolid (Monasterio de Santo Domingo de Silos)
  • Archivo Diocesano Zamora
  • Archivo General Palacio Real (Madrid)
  • Archivo Histórico Nacional (Madrid)
  • Archivo Monasterio Santo Domingo de Silos
  • Arquivo Catedral Santiago de Compostela
  • Arquivo Histórico Provincial de Ourense
  • Biblioteca Capitular y Colombina (Sevilla)
  • Biblioteca Casa Cultura Burgos
  • Biblioteca Central de la Universidad de Oviedo
  • Biblioteca Monasterio de Monserrat
  • Biblioteca Municipal de Valencia
  • Biblioteca Nacional (Lisboa)
  • Biblioteca Nacional (Madrid)
  • Biblioteca Penzol (Vigo)
  • Biblioteca Provincial León
  • Biblioteca Pública Toledo
  • Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago
  • British Library (Londres)
  • Fundación ‘Bartolomé March’ (Madrid)
  • Fundación ‘Bartolomé March’ (Mallorca)
  • Fundación Lázaro Galdiano (Madrid)
  • Fundación Universitaria Española
  • Hispanic Society of America
  • Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos (Santiago)
  • Museo de Pontevedra
  • Public Library Boston
  • Real Academia Española (Madrid)
  • Real Academia Galega (A Coruña)
  • Real Academia Historia (Madrid)
  • Seminario San Carlos (Zaragoza)
  • Seminario Tui
  • Seminario Vitoria
  • Trinity College (Dublin)
  • Université Sorbonne (Paris)