Proxecto Sarmiento » Comisión científica do proxecto “Obras de Martín Sarmiento”

Comisión científica do proxecto “Obras de Martín Sarmiento”

Cando en 2002 o Consello da Cultura Galega decidiu pór en marcha o proxecto ‘Obras de Martín Sarmiento’, creouse unha comisión científica co obxectivo de asesorar o conxunto do proxecto e cada unha das áreas. A composición desta comisión reflicte a interdisciplinariedade do propio saber sarmentino, e por tanto nela figuran especialistas dos distintos ámbitos do coñecemento en que traballou frei Martín Sarmiento. Inicialmente, desta comisión formaban parte:

Carlos Casares Mouriño † (Presidente do Consello da Cultura Galega)
Manuel Cecilio Díaz y Díaz † (Presidente da Comisión Científica)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (Sección de Patrimonio Histórico)
Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade)
Francisco Fariña Busto (Sección de Antropoloxía)
Henrique Monteagudo Romero (Sección de Lingua; director do proxecto)
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (Sección de Patrimonio Histórico)
Pegerto Saavedra Fernández (Sección de Patrimonio Histórico)
Antón Santamarina Fernández (Sección de Lingua)
Ramón Villares Paz (Sección de Patrimonio Histórico, actualmente Presidente do CCG)

Despois do falecemento de Carlos Casares (2002) incorporouse a esta comisión o seu sucesor na presidencia do Consello da Cultura, Alfonso Zulueta de Haz (2002-06). Recentemente, finou Manuel Díaz y Díaz (2007), que ofreceu un valiosísimo asesoramento ao proxecto como presidente da Comisión científica nos primeiros pasos da súa andaina.

En 2003, creouse unha comisión específica para asesorar a edición dos escritos científicos de Sarmiento, coa seguinte composición: Francisco Díaz-Fierros Viqueira (coordinador), Pilar Allegue Aguete, María Álvarez Lires, Xosé A. Fraga Vázquez, Xesús Izco Sevillano, José Luís Peset, Francisco Javier Puerto Sarmiento.

Equipo de traballo

Director do proxecto
Henrique Monteagudo

Secretaria técnica do proxecto
Belén Fortes López (2002-04)
Silvia Viso Pérez (2002-…)

Colaboradores técnicos
Antón Lado Lago (2002-07)
Raquel López Rodríguez (bolseira 2005-07)
Josep Lluis Capón García (bolseiro 2005-06)
Miguel Mosquera Fociños (bolseiro outubro-decembro 2007)
Xurxo Martínez González (bolseiro marzo 2008-…)

Investigadores
Serafín Alonso Pintos
Xosé Antón López Silva
Concepción Varela Orol

Dixitalización
Teresa Navarro Quinteiro