Proxecto Sarmiento » Orientación bibliográfica

Orientación bibliográfica

Noutras seccións deste sitio web ofrecemos a información fundamental sobre a obra de Martín Sarmiento editada ata o presente (véxase ‘Obras de Martín Sarmiento’ > Introdución). Ofrecemos a seguir unha bibliografía básica sobre o autor, a súa vida e a súa obra. Só damos entrada a traballos publicados en volume independente, procurando ofrecer os títulos máis recentes que conteñen auténticas novidades ou enfoques orixinais sobre o autor, pero sen ignorar obras divulgativas nin contributos anteriores que continúan a ter actualidade. Nas catro publicacións incluídas no apartado ‘volumes misceláneos’ atópanse achegas moi valiosas sobre distintos aspectos da vida e a obra de Sarmiento. Por razóns de economía, non son citados aquí outros contributos de interese, en forma de introducións a edicións de textos de Sarmiento, de artigos publicados en revistas especializadas ou de capítulos de colectáneas de estudos. Enténdase pois que o que se ofrece aquí é unha bibliografía selectiva e puramente orientativa.

1. Introducións xerais, de carácter divulgativo

  • Carballo, F., Martín Sarmiento, Vigo, Promocións culturais galegas, 2002.
  • García Tato, I. / Suárez Piñeiro, A. M., Frei Martín Sarmiento, Noia, Toxosoutos, 2001.
  • Pensado, J. L., Para achegármonos a Frei Martín Sarmiento, Lugo, Citania, 1994.
  • Queixas Zas, M., Frei Martín Sarmiento, Santiago de Compostela, Laiovento, 2002.
  • Rabuñal, H., O Padre Sarmiento, arquivo da lingua e cronista da patria, A Coruña, Espiral Maior, 2002.
  • Varela Pombo, S., Frei Martín Sarmiento e a cultura galega, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2002.

2. Biografías e achegas de conxunto á súa obra

  • Allegue Aguete, P., A filosofía ilustrada de Fr. Martín Sarmiento, Vigo, Xerais, 1993.
  • Costa Rico, A., Sarmiento. Vida e obra, Vigo, Xerais, 2002.
  • Couceiro Freijomil, A., Diccionario bio-bibliográfico de escritores, Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos, vol. III (1954), p. 326-336. [Descargue o PDF]
  • Filgueira Valverde, J., Fray Martín Sarmiento (1695-1772), A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994.
  • García Tato, I. / Valdés Hansen, F. (eds.) Vida y obra del Rvdmo. P. M. Fray Martín Sarmiento (1695-1772), sacada a la letra de un manuscrito anónimo del siglo XVIII, Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos ‘Padre Sarmiento’, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2003. [Descargue o libro en PDF].
  • López Peláez, A., El gran gallego (Fr. Martín Sarmiento), A Coruña, Andrés Martínez, 1895. [Máis información e descarga].
  • López Peláez, A., Los escritos de Sarmiento y el siglo de Feijoo, A Coruña, Andrés Martínez, 1901. [Descargue o libro en PDF]. (A reprodución dixital desta obra realizouse a partir do exemplar depositado nos fondos da Biblioteca Universitaria [BUSC])
  • Pensado, J. L., Fray Martín Sarmiento testigo de su siglo, Salamanca, Universidad, 1972 (1ª), Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1995 (2ª). [Descargue o libro en PDF].
  • Pensado, J. L., “Feijoo e Sarmiento: dúas vidas sin paralelo”, Grial, 60 (1978), p. 129-154. [Descargue o artigo en PDF]
  • Santos Puerto, J., Martín Sarmiento. Ilustración, educación y utopía en la España del siglo XVIII, A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 2002.
  • Santos Puerto, J., “Martín Sarmiento, natural de San Juan de Cerdedo”, Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, 12 (2008), p. 9-21. Consulte o artigo na web da Universidade da Coruña.

3. Volumes misceláneos

  • Estudos adicados a Fr. Martín Sarmiento. Artigos tirados dos “Cuadernos de Estudios Gallegos” (1945-1982), Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 1995. [Descargue o libro en PDF, véxase tamén a edición de 1972]
  • O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1895-1995), Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, 1997. [Máis información e descarga].
  • Congreso sobre frei Martín Sarmiento, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002.[Descargue o libro en PDF].
  • Boletín de la Real Academia Gallega 353-354 (1971-1972), 182 p.[Descargue o libro en PDF]
  • Boletín da Real Academia Galega 363 (2002), p. 7-236. [Descargue o libro en PDF]
  • Frei Martín Sarmiento (1695-1772). Exposición conmemorativa do Día das Letras Galegas, Pontevedra, Museo de Pontevedra, 2002.

4. Estudos sobre aspectos particulares

  • Allegue, P. / Álvarez Lires, M. II Memorial Filgueira Valverde. Estudios sobre Frei Martín Sarmiento, Pontevedra, Universidade de Vigo, 2003.
  • Álvarez Lires, M., Sarmiento: un científico da segunda ilustración, Santiago de Compostela, Universidade, 2002.
  • As mulleres na obra de frei Martín Sarmiento, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002.
  • Barreiro Barreiro, X. L., Martín Sarmiento (1695-72) na Ilustración, A Coruña, Baia, 2002.
  • Costa Rico, A. / Álvarez Lires, M. (eds.), La educación de la niñez y de la juventud [Textos], Madrid, Biblioteca Nueva, 2002.
  • Filgueira Valverde, J., Ideas y sistema de la historia en Fray Martín Sarmiento, Madrid, Real Academia de la Historia, 1981.
  • López Capont, F. (ed.), La faceta pesquera del Padre Sarmiento y su época, Pontevedra, Deputación provincial, 1997. [Inclúe edición do escrito de M. Sarmiento De los atunes y de sus trasmigraciones].
  • Monteagudo, H. (ed.), Martín Sarmiento: Sobre a lingua galega. Antoloxía, Vigo, Galaxia, 2002. [Máis información e descarga].
  • Muniain Ederra, S., El programa escultórico del Palacio Real de Madrid y la Ilustración española, Madrid, Fundación Universitaria Española, 2000.
  • Pensado, J. L., Fray Martín Sarmiento: sus ideas lingüísticas, Salamanca, Universidad, 1960. [Descarga en PDF]
  • Reguera Rodríguez, A., La obra geográfica de Martín Sarmiento, León, Universidad de León, 2006.
  • Rodríguez Ennes, L., O pensamento xurídico-social do Padre Sarmiento, Pontevedra, Deputación Provincial, 2002.

5. Correspondencia

  • Sarmiento, Fr. M., Epistolario (disposto por Xosé Filgueira Valverde e Mª Xesús Fortes Alén), Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1995. [Máis información e descarga].
  • Sarmiento, Fr. M., Cartas al Duque de Medina Sidonia (1747-1770) (Edición y estudio de José Santos Puerto), Ponferrada, Instituto de Estudios Bercianos, 1995.

6. Bibliografía lingüística, con especial atención ao idioma galego

  • Catálogo de voces vulgares y e especial de voces gallegas de diferentes vegetables, Salamanca, Universidad, 1973.
    [Tamén inclúe: “Onomástico latín-gallego de los vegetables que vio el Padre Sarmiento” e “Borrón de varios nombres gallegos de vegetables”.]
  • Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, Salamanca, Universidad, 1973.
    [Tamén inclúe “Borrón de varios nombres gallegos de vegetables”, “Nombres gallegos de peces”, “Animales”, “Aves”, “Sabandijas e insectos”.]
  • Colección de voces y frases gallegas, Salamanca, Universidad, 1970.
    [Inclúe o Coloquio en coplas galegas (ou Coloquio de 25 gallegos rústicos), e mais o Glosario ou Comento.]
  • Discurso Apologético por el arte de rastrear las mas oportunas etimologías de las voces vulgares (ed. de J. L. Pensado), A Coruña, Real Academia Gallega 353-354 (1971-1972), p. 7-95. [Descargue o PDF]
    [O mesmo editor, J. L. Pensado, incluíu esta obra na súa edición dos Elementos etimológicos citada abaixo.]
  • Elementos etimológicos según el método de Euclides (ed. de J. L. Pensado), [s.l.], Fundación Barrié de la Maza, 1998.
    [Tamén inclúe Apuntamientos para un discurso apologético sobre etimologias y método para aplicar los elementos etimológicos al Onomástico de la lengua gallega e mais o Discurso Apologético por el arte de rastrear las mas oportunas etimologías de las voces vulgares.]
    A primeira edición desta obra foi publicada por J. P. [Julián Paz]: “Escritos filológicos del padre Sarmiento. Elementos etimológicos, según el método de Euclides”, Boletín de la Real Academia Española XV (1928): 670-84 [Descargar PDF]; XVI (1929): 244-55 e 366-82 [Descargar PDF]; XVII (1930): 275-90, 571-92 e 721-42 [Descargar PDF]; XVIII (1931): 118-35 [Descargar PDF].
  • Onomástico Etimológico de la Lengua Gallega, (ed. de J. L. Pensado), [s.l.], Fundación Barrié de la Maza, 1999.
    A primeira edición da obra apareceu en Tui, Imprenta Regional, 1923. [Descargue o libro en PDF]
  • “Sobre el origen de la lengua gallega y sobre la paleografía española”, en J. L. Pensado (ed.), Opúsculos lingüísticos gallegos del siglo XVIII, Vigo, Galaxia, 1974, p. 17-41. [Descargue o artigo en PDF].
    A primeira edición da carta foi publicada na Revista Contemporánea, tomo XIII (1878), p. 296-320, por López de la Vega. [Descargue o PDF]
    A segunda edición débese a M. Murguía, e apareceu en La Ilustración Gallega y Asturiana, tomo II (1880), 116, 124, 137, 168, 225, 236 e 248. [Descargue o PDF]

7. Viaxes a Galicia

  • Viaje a Galicia (1745) (ed. J. L. Pensado), Salamanca, Universidad, 1975. Versión ao galego desta obra en Viaxe a Galicia (1745), Noia, Toxosoutos, 2001.
  • A viaxe de Fr. M. Sarmiento a Galicia en 1754 (ed. J. L. Pensado), Salamanca, Lectorado Galego de Salamanca, 1999 [= Galicia desde Salmanca, 2].
    A primeira edición desta viaxe apareceu como Viaje a Galicia de Fr. M. Sarmiento (1754-1755), transcrita por M. del Álamo / J. Pérez de Urbel e editada por F. J. Sánchez Cantón / J. M. Pita Andrade, Santiago de Compostela, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1950 [= Anexo IIII de Cuadernos de Estudios Gallegos] [Descargue o libro en PDF].
  • Bande Rodríguez, E., As viaxes do P. Sarmiento na provincia de Ourense, Ourense, Duen de Bux, 2002.