Martín Sarmiento e a erudición como estilo de vida.
Joaquín Álvarez Barrientos, profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas investiga a produción intelectual dos hombres de letras do século XVIII.
[+ info]
Exeria, peregrina da Gallaecia tardoantiga, é a primeira escritora coñecida da nosa Historia. O profesor López Pereira danos conta do que sabemos dela e da súa famosa viaxe a Terra Santa. [+ info]
A relación de Galicia co Mediterráneo, Asia e Oceanía. Unha viaxe con figuras como Exeria e Martiño de Dumio. Falamos co arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo, a Casa da Especiaría ou a Biblia Kennicott e os xudeus de Galicia con María Gloria de Antonio Rubio. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
Unha serie documental de tres episodios para coñecer a vida e a obra de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, a través de múltiples voces de expertos. Producida por Arraianos Producións para o Consello da Cultura Galega.
Neste primeiro capítulo coñecemos os primeiros anos da vida de Castelao e o mundo que o veu nacer e medrar e que influiría na súa obra posterior.
A relación de Galicia con Francia, Alemaña, Suíza e Centro Europa. Unha viaxe con figuras como Orosio ou Sofía Casanova ou Emilio Grandío para falarnos da Segunda Guerra Mundial. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.